Apañando a lúa (intentos)
TRADUCCIÓN HUGO ICAZA
Acendes o teu reprodutor de música,
Agardando nada
ou só facerlle barullo ó tempo,
hai cousas que prefires que vaian sen canle,
emprendes o camiño
descoñeces o horizonte, o relacionado a él
e de súpeto no teu seguinte paso
a canción e faste nó...
Imaxes variadas núblanche a ollada
coma un zombi namorado do seu desexo,
queres, estás encadeado...
Preguntáchesme do tempo
ou preguntáchesme o como é
entón vinme arredor
e tamén te vin,
e coma pequenos astros orbitando
onde , ou de vez en cando, cruzamos olladas
Aí nesa atemporalidade transmítesme a túa tristeza
que folga
e na mesma situación.
Non sei como encorar bágoas,
elemento máxico do esquecemento,
e máis tarde ou máis cedo,
sorrir mentres
nalgún recuncho do camiño
voute estrañar!
Cando cobices amor finais pretéritos
quererei dicir
finais preferidos
ímolo estranar...
Imperio
Distorsión
Roto
Música
Fascinación
Dor
Si mi li tu de
Beizos
Mundo
Cada oración lévaa
e as palabras efervescentes sedúcente
ata preto do fin.
Quererei
dicir...
[Shshhshsh]
calo.